DEPORTE RURAL GALICIANO

 

TIRO DE CORDA

TORADA CON TRONZADOR

TIRO DE VENABLO

PULSO

TIRO CON ARCO

 

 

TIRO DE CORDA

 

En equipos de 3 ou 5 compoñentes, e sobre un espacio de 5x19 m., cunha franxa central dun metro denominada "usura de arrastre".

Tírase cunha corda de cañamo de 3 cm. de diámetro e de 13 ou 17 m. de longo (dependendo do nº de participantes, 3 ou 5).

Cada tirador colócase na súa "mestra", marca feita na corda de cada 3 m.

O lugar de inicio estará sinalado no chan con pequenos listóns de madeira colocados a 1 m. da usura de arrastre. Gáñase cando a marca central da corda supera a "usura de arrastre" hacia o lado do equipo que mais tira.

Entre a regulamentación básica está a obligatoriedade de tirar de pé, nunca sentado ou deitado.

As competicións establécense polo peso, sumando o peso de todos os membros do equipo, non podendo superar un determinado peso en cada categoría. Os pesos dos equipos deben de estar o máis compensados posible.

 


SERRADO DE TORADA CON TRONZADOR

Nun cabalete de madeira de uns  40 cm. de alto, colócase unha torada en posición horizontal, onde catro serradores, dous en cada tronzador, serran a un tempo. Resulta gañadora a parella que remate antes as duas toradas, unha por cada lado. 

A torada será de uns 3 m. de longo e uns 25/30 cm. de diámetro o máis uniforme posible.

Os tronzadores utilizados na proba serán arredor de 130 cm. de longo e 12 cm. de canto.

O espacio de xogo é unha superficie plana cadrada de 5x5 m.

 


 

TIRO DE VENABLO A DIANA

 

O lanzador lanza 7 venablos a unha diana cilindrica dende unha distancia determinada dependendo da categoría (infantil,cadete,xuvenil e senior) con ou sen toma de impulso previa (max. 5 m.).

A diana está formada por unha torada que serve de soporte de 2 m. de alto, sobre a que se ancla a esparteira recambiable, ésta terá forma de cadrado listado con 13 bandas paralelas de 7 cm. cada unha, en cores branco e azul alternándose.

Gaña o que espete máis venablos nas bandas azuis. O sistema de competición será en forma de "duelo", un contra un, emparellados o azar, ata chegar ós finalistas.

O venablo será de pau de freixo ou abeleira, rematado en punta de ferro, cunhas dimensións entre 180 e 230 cm., cun peso máximo de 2 kg.

 


PULSO

 

Realízase derriba dunha mesa de 55x55  cm., chantada no chan, e a uns 100/110 cm.deste.

Cós cóbados com único apoio na mesa, xunguidos polas mans (có brazo libre na espalda), trátase de levar o dorso da man do contrario a tocar na mesa. Son penalizables as accións que leven a ter máis apoios na mesa que os cóbados e desviar a boneca pulsadora da liña do antebrazo.

 


 

TIRO CON ARCO

 

Realízase cun arco simple, formado por unha empuñadura e dúas ramas flexibles, realizado en madeira (recomendable teixo). As dimensións variarán entre os 140 e os 180 cm.

Tirarase sobre dunhas dianas xa estandarizadas (denominada "rosca", fabricada en palla prensada ou esparto, colocada derriba dun trípode de tal xeito que o centro da diana se sitúe a 130 cm. do chan), sendo os blancos uns círculos concéntricos sobre fondo branco ou coloreado, con diferencia de diámetro de 5 cm. ate rematar no punto central de 10 cm. de diámetro.

A competición faráse en forma de "duelo", 1x1, onde cada tirador realiza catro series de 6 tiros, con 2 minutos de tempo para realizar cada serie. Gaña aquel que consiga máis puntos.

As distancias das tiradas variarán según a categoría.

 


Voltar a Taboleiro