|
O CASTRO DE EIRAVEDRA.
|
|
Situámonos
no golfo Ártabro onde se atopan os Ártabros mencionados por Strabon “ Os Ártabros teñen moitas cidades situadas nun golfo o que os navegantes que o percorren chámanlle porto dos Ártabros " e tamén será mencionado por Pomponio Mela “ Nos Ártabros hai un golfo de estreita embocadura pero de contorno amplo que acolle a cidade de Adrobica e recibe as desembocaduras de catro ríos " |
|
Adentrandonos nestas terras onde se sitúa o golfo, atopamos a terra de Trasancos ou Tartares nome que significa “ os que queiman o monte para cultivar “. Neste territorio de Trasancos hai 56 castros catalogados dos que 12 emprázanse no concello de Narón, dentro deste na parroquia de San Estevo de Sedes nun lugar chamado Eiravedra atópase o noso castro que será coñecido como “ O castro de Eiravedra “. Preto del encóntranse os castros da Revolta e Pereiruga sendo o noso o mais importante polas súas dimensións e polo seu emprazamento xa que pode controlar todo o territorio o estar situado nun outeiro de 218 m. Este outeiro está formado por rochas plutónicas, é dicir, rochas básicas graníticas de grande resistencia a erosión. |
O
outeiro de onde está o castro. |
Este
castro será do período comprendido entre o século IV Ac e o VI Dc, non se
|
|
A visión na actualidade. |
|
Para aceder ó castro había unha antiga corredoira que tiña unha grande profundidade
( podería ser a conservación do camiño de entrada) e que estaba cuberta
por arcos naturais feitos polos carballos milenarios que percorrían o camiño,
na actualidade non podemos disfrutar deste paso xa que “ A Parcelaria” acabou
con todo sen ter en conta o valor que podía ter ese camiño, pero como o que
prima son os intereses fronte a conservación dos restos antigos..... |
|
|
|
Eu tiven a sorte de chegar ó Castro por ese camiño,
ó acercarnos a zona de máxima
pendente o primeiro que observamos e unha primeira muralla feita de manposteria
( pedra e terra ) diante da cal estaría situado o foxo (escavado na terra |
Restos da muralla |
Foxo
e a primeira muralla.
|
|
Seguimos avanzando e xa chegamos as murallas do antecastro
feitas igualmente
en manposteria, suponse que nel estarían os animais alí protexidos ou
podería estar habitado, debido a un aumento da xente que vivía no
castro. Este
antecasrto divídese en dous, o primeiro ten 95m de longo e 35 m de ancho
e o segundo ten 70m de longo e 28 m de ancho. |
Segundo antecastro |
Primeiro antecastro.
|
|
O pasar a muralla do primeiro antecastro observamos
unha baixada no terreo e despois
hai unha pequena pendente onde albiscamos a entrada a croa. Esta entrada
estaría situada o Surleste franqueada por dúas torres e tan un ancho de 2’5m,
a muralla feita de pedra e terra que rodea a croa ten 290m de longo, 2mde ancho,
7’5m de altura exterior e 1-4m de altura interior. Estes datos están recollidos
no “ Caderno ateneo ferrolán”. |
Entrada ó castro vista dende dentro. |
|
A croa ten unhas dimensións de 92m eixe N-S
e 90 m eixe L-O. Non
se poden observar restos de casas pola cantidade de materia orgánica que
hai enriba
delas, pero si podemos observar no fondo da croa unha muralla das mesmas características
das que rodean o castro que ten unha forma ovalada e suponse que alí
estaría a casa da xuntanza. |
Muralla da casa da Xuntanza |
|
Outra
característica importante e que existe unha segunda porta pero que non se
sabe
cal é a sua ubicación correcta, pensase que estaría situada no norleste
e non sería
de entrada o castro senón que serviría de comunicación co segundo antecastro.
A muralla deste segundo antecastro únese coa da croa xa que pola parte
leste hai unha pendente grande e por alí non podería subir ninguén, sería
un sistema
defensivo natural. Todo
isto que comento está reflectido dunha forma moi idealizada nun libro chamado
“ Narón unha historia ilustrada na terra de Trasancos “ e tamén
existe unha
maqueta deste castro gardada na Casa da Cultura de Narón. |
![]() |
|
Restos atopados en
Eiravedra.
Nesta
castro atopouse un anaco dun prato do cal se fixo unha reproducción, está
feito dunha forma de cerámica aberta
pouco frecuente no repertorio cerámico dos castros por seren este tipo de
recipientes (pratos) usualmente de madeira,materia perecedoiro que non adoita conservarse
nos rexistros arqueolóxicos. O
fragmento posúe un borde de arxila con desgrasante de seixo que foi feito
a forno
e cocido nun forno reductor, é dicir, sen osíxeno o que lle confire ese peculiar
ton negro, pardo ou castaño escuro á cerámica castrexa. |
![]() |
![]() |
|
Este prato presenta pegadas do seu uso directo sobre as
brasas, no borde interno presenta
unha decoración de incisións oblicuas e paralelas feitas cecais cun pao
ou punzón
redondeado. Este motivo decorativo e específico das costas de Pontevedra(en
Trasancos as formas cerámicas non presentan decoración), estas formas
poden chegar no contexto dunha navegación de cabotaxe e comercio marítimo
interrexional. Existen paralelos destas formas abertas nas illas Británicas. Esta
vasilla reconstruída con total exactitude mide 14,5 cm de diámetro e
1’6cm de
altura, sendo a anchura media do borde de 1’4cm.Forma parte dunha serie limitada
e numerada de 200 exemplares realizados artesanalmente.Esta información
está sacada do folleto que se inclúe co prato. |
![]() |
![]() |
|
Tamén
se atoparon dúas fusaiolas feitas en pedra e cun buraco no centro,estas colocaríanse
no extremo inferior do fuso. Isto faríanos pensar nunha actividade téxtil. Atopouse
tamén outra peza coas mesmas características cas fusaiolas pero de maiores
dimensións que podería empregarse para suxeitar o tellado, iria pendurada
dunha corda. |
|
Todos estes obxectos atópanse na xa citada Casa da Cultura,agás
de unhas moedas
dasque André Pena fai mención no seu libro “ Narón un concello con historia
de seu “ e que pertencen a unha colección privada. E
doado pensar que se apareceron moedas sería porque nalgún momento estaría
habitado
polos romanos xa que a numismática
non aparece ata a entrada do mundo
romano na Gallaecia, ou tamén puideron aparecer por mor dunha actividade
comercial. |
|
Unha suposta visión
no pasado.
Cando estamos alí arriba no castro, pásansenos pola cabeza
moitas cousas sobre
como sería a vida nel, a súa xente, se serían guerreiros, a que se dedicaban e outras moitas cousas . Nesta época empézanse a facer asentamentos estables, encóntranse no período Subatlántico no que se produce unha lixeira subida das temperaturas e un aumento da humidade. Os bosques estarían formados por castiñeiros, nogueiras, carballos e pola acción antrópica provocaríase a deforestación dos bosques para facer praderías e campos de cultivo. Todo isto pódese saber por medio dos datos da palinoloxía que mostra unha progresiva acción antrópica sobre o medio, o polen arbóreo vai cedendo terreo o polen non arbóreo. Despois das grandes deforestacións trataban a terra con lume de aí o nome de “ Trasancos “ para amansa-lo monte antes de plantar os seus cultivos, a maioría deles basearíanse en cereais e leguminosas empregando os sistemas de rotación de cultivos ou deixando descansala terra ( barbeito ) cando perdera a súa riqueza en minerais. O tipo de cultivos que poderían empregar seria, por similitude os restos que apareceron noutras escavacións, cereais como o trigo, cebada, o millo miúdo e tamén podería haber pequenas hortas nas que se cultivaran as leguminosas como fabas ou chícharos. Outro tipo de alimentación sería a baseada na recolección dos froitos como as landras,
das que farían o pan de landras, mencionadas estas por Strabon. unha similitude cos restos aparecidos noutros castros) debíase a existencia de ganado vacún, así como ovellas e cabras xunto co porco,por medio dos restos atopados, o que era moi escaso eran os restos da caza como o porco bravo ou o cervo. Para todo isto a xente necesitaba auga para o seu propio consumo, para os animais e para regar as terras de labranza. A hidrografía desta zona e boa xa que as continuas precipitacións e as pequenas serras, posibilitan unha ampla rede fluvial caracterizada pola presencia de auga abundante que drenara ben os campos sobre todo na época do outono e inverno. Dentro do castro había alxibes que se enchían coas augas das precipitacións e aproveitaban esta para o seu propio consumo e tamén para os animais, este método era óptimo no inverno pero no verán terían que baixar do castro na procura da auga. Dentro desta sociedade dedicada a agricultura e a gandería, tamén había actividade téxtil fiel reflexo disto son as fusaiolas atopadas e tamén se adicaban a outras moitas cousas...O que non se coñece moi ben son as relacións que establecían entre elas, nalgúns libros fálase do dominio exercido polo señor sobre as posesións e as xentes, este cedía terras e gando, protexía e defendía a súa xente a cambio das rendas, servicios e axuda militar pero, ¿ Era unha sociedade guerreira?A fortificación dos castros e unha mostra de defensa do lugar pero hoxe en díahai moitas hipóteses sobre disto. Os textos clásicos fálannos da xente do Noroeste como verdadeiros guerreiros ou bárbaros, sen embargo os datos arqueolóxicos revélannos o contrario xa que non hai ningunha mostra de destrucción nos castros polo que algúns autores consideran que as murallas terían non unha función defensiva senón de prestixiar os habitantes,de delimitar o espacio habitacional, de controlar o paso e de protexer simbolicamente o recinto. Todas estas son conxecturas baseándome no escrito nun libro “A cultura castrexa” xa que na realidade non se coñece como foi a vida neste castro. E
unha pena que non se fagan mais escavacións neste e noutros castros xa
que
poderiamos
ter mais información dos nosos antepasados. |
|
Bibliografía.
|
| Traballo feito por: Eva María Vales Pol |