|
ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN: 24.02.08 |
NOVAS DE SEDES |
|
|
24/02/08
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA ORDE DO DÍA Lectura e aprobación se procede da acta anterior. Renovación de cargos da xunta directiva. Rogos e preguntas.
Faise lectura da acta anterior e apróbase sen nada que obxectar.
Na renovación de cargos e a pesar de contar con xente nova para coller os postos que quedarán vacantes non se puido chegar a ningún acordo final porque ninguén destas persoas quixo coller o cargo de Presidente, ante esta situación se acorda por maioría manter entre eles as reunións necesarias para consensuar este cargo ou incluso buscar alguén que poida estar disposto a asumilo. Fixase a data do 30 de Marzo para celebrar unha nova asemblea e someter os novos cargos a votación dos socios presentes. |
||
|
20/01/08
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ORDE DO DÍA: Lectura e aprobación se procede da acta anterior. Estado de contas e patrimonio. Renovación de cargos da Xunta Directiva. Rogos e preguntas.
Faise lectura da acta anterior e sae aprobada sen nada que obxectar. Información da Tesoureira do estado actual das contas e patrimonio. Na renovación de cargos se manifesta que cesan nos seus cargos a Presidenta, Vicepresidente e Secretario. A Tesoureira manifesta que quedará ata o cese das actividades en Xuño. Ante a falla de persoas para coller os cargos cesantes se acorda por maioría facer unha Asemblea Xeral Extraordinaria o día 24 de Febreiro as 10:30 h. e mentras tanto informar casa por casa da situación da asociación e buscar xente que colabore con obxecto de non ter que disolvela.
En rogos e preguntas faise unha proposta para acabar de preparar a Gandeira e aínda que non está posta a nome da asociación de veciños si que non ten dúbida de que é da parroquia.
ACUDIDE O DÍA 24 A ASEMBLEA, SEDES NECESITAVOS. |
||
|
13/06/07
Estamos a preparar o que será a IX edición do Oenach, necesitamos xente (non importa a idade) que nos vote unha mán para participar nas representacións que farémos no Castro e na Feirta, tódolos/as interesados/as en participar poden contactar connosco no correo electrónico ou nos teléfonos 981368184 - 629864754. |
||
|
01/05/07
A primeira
cousa pedir desculpas polo tempo pasado dende a derradeira actualización
e ademais non teño desculpa foi simplemente non poñerme e collelo como
costume diaria porque que contar sempre ai. Dende
Setembro tivemos unha morea de cousas entre elas as seguintes: Ø
Un
ano máis fixemos os fachos, teño que dicir que este ano non tivemos
moita xente pero o mellor de todo é non deixalo e seguir adiante. Ø
O
festival de Reis. Ø
O
entroido Ø A asemblea xeral onde se tratou entre outras cousas a renovación dos cargos da directiva e como sempre ante a falta de candidatos temos que seguir os mesmos un ano máis, teño que dicir que se incorporaron dous vocais novos e se deron de baixa dous, a nova directiva quedou formada por: GLORIA
COUCE (Presidenta) ANDRÉS
CENDÁN (Vicepresidente) XOSÉ
MANUEL VALES (Secretario) XULIA
MONTERO (Tesoureira) XOSÉ
MANUEL PONCE (Vocal) FRANCISCO
RIVERA (Vocal) AURORA
DÍAZ (Vocal) JOSÉ
BLANCO (Vocal) OSCAR
ANEIROS (Vocal) Ø
Como
xa é costume organizamos tamén unha nova andaina a San Andrés de
Teixido. Ø
A
Feira do Cabalo tamén tivo lugar o pasado día 15 de Abril. Ø
Os
vindeiros días 19 e 20 de Maio terá lugar a feira do can de caza. |
||
11/09/06
PISTAS
ALUMEADOS
·
En Sabín de Baixo dos puntos de luz ata a casa de Nito do
Roxo
VARIOS (XA PEDIDOS O ANO PASADO)
|
||
|
26/01/06
ESTAMOS A TRABALLAR NO QUE SERÁ O VIII OENACH CÉLTICO E A VII NOITE DO CASTRO QUE SE FARÁ OS DÍAS 29 E 30 DE XULLO. |
||
|
21/01/06
TIVO LUGAR A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, DADO QUE NON TIVEMOS SOCIOS DABONDO PARA FACER UNHA ASEMBLEA NORMAL E ATA QUE SE VOLVA A FACER OUTRA ASEMBLEA A DIRECTIVA SEGUIRÁ FORMADA POLAS MESMAS PERSOAS. |
||
|
19/09/05
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA VAI REPARAR A ESTRADA QUE PASA POLA NOSA PARROQUIA, DENDE A ROTONDA DA GÁNDARA ATA VALDOVIÑO. SEGÚN INFORMACIÓN FACILITADA POLA DEPUTACIÓN A ESTRADA TERÁ UN ANCHO DE 7 METROS MÁIS UNS ARCÉNS DE 1 METRO POR CADA LADO E LOXICAMENTE AS CORRESPONDENTES CUNETAS. AS EXPROPIACIÓNS EMPEZARÁN DE CONTADO E A OBRA PODERÍA EMPEZAR NO SEGUNDO SEMESTRE DO 2006 |
||
|
REPOBOACIÓNS FORESTAIS
EIRAVEDRA, fai un chamamento especial a tódolos propietarios de fincas dentro desta parroquia que teñan a intención de facer ou esten facendo plantacións de eucaliptos que hai unhas normas que deben de acatar para este tipo de plantacións, como son as distancias mínimas a casas, rios, lindes, etc. así como a calificación do terreo destinado a plantación dentro do Plan de Urbanismo do Concello. Desta maneira evitaranse denuncias de veciños, de Medioambiente ou desta ASOCIACIÓN por non cumplir a normativa. Tamén queremos lembrarlles que hai alternativas o eucalipto, con especies de rápido crecemento e con un impacto ambiental moito menor sin detrimento do interés económico para os propietarios.
|
||
|
|
||