“Vive  en nos o espírito do bosque e o encanto da fonte,  a maxia de cada recuncho desta nosa terra e o orgullo de sentirnos parte da historia dun pobo que loita por recupera-la súa identidade”
Este ano xa foi o X no que as xentes de Sedes xuntaron esforzo e traballo para dar a coñecer o seu patrimonio histórico. Se ben e certo que poderíamos ser moitos máis, este grupo de veciños/as temos a confianza de ser a semente que faga medrar o interese por recuperar o que todos deberían de considerar como seu.
A nosa andadura xorde ó amparo e coa iniciativa da Concellería de Cultura e Mocidade do Concello de Narón que puxo nas nosas mans o inmenso tesouro dos seus coñecementos e o seu bo facer, dende aquí o noso agradecemento máis sinxelo, e así case sen decatarnos do paso do tempo, atopámonos xa preparando  será o XI OENACH ATLÁNTICO”

VERÁN DO 2009

Farémo-la IX NOITE DO CASTROna que ó solpor e no incomparable marco do “castro de Eiravedra” terá lugar unha posta en escea da Lenda de Eiravedra” ou outra lenda das moitas que temos na nosa terra, posteriormente unha representación parateatral   feita polos veciños e veciñas de Sedes. Tódolos que nos queirades acompañar nesta noite do castro tedes  aparcamento preto do castro. Non hai alumeado público, polo tanto levade linterna e roupa de abrigo xa que normalmente vai frio pola noite e ademáis en un lugar onde normalmente zoa o vento.

Tan pronto rematemos no Castro baixaremos a Capela de Placente para picar algunha cousiña e tomar un grolo, tamén faremos unha queimada.

Na feira do trece o XI OENACH” (lugar de encontro e reunión) situado cronoloxicamente hai 2000 anos tomará vida e dende a mañanciña atoparedes as xentes da Terra de Trasancos facendo os seus trafegos: ferreiros, tecedeiras, labregos e un sen fin de persoaxes que vos faran revivi-la maxia daqueles tempos.  

Despois de ben xantar nada mellor que practica-los xogos e competicións dos que como ben sabedes tanto gustaban os nosos antergos.

1º- Comezará a tarde cunha demostración de “deporte rural”: tiro con arco, lanzamento de venablo, pulso, tiro de corda e serrado con tronzador, etc.

IV Campeonato de tiro con arco tradicional e longbow (para os tiradores con arco tradicional e obrigatorio tirar con flechas de madeira).

2º- Teremos entre nos a unha representación de deportistas rurais de outras comunidades que o mesmo que os anos anteriores amosaránnos a súa destreza no deporte tradicional da súa terra.
Nas exhibicións poderedes participar todos/as e probar as distintas modalidades     ¡¡ANIMO!!

Namentres o “OENACH” seguirá vivo ata a noitiña

 

“HOMES E MULLERES LIBRES XUNGUIDOS POR RAÍCES QUE SE PERDEN NA INMENSIDADE DO TEMPO”

¡! QUEDADES CONVIDADOS A PARTICIPAR  CONNOSCO!!